II Jornadas do Quaternário da APEQ; Porto, FLUP, 12-13 Outubro de 2000

A ANALISE XEOMORFOLÓXICA NA RECONSTRUCCIÓN PALEOAMBIENTAL

Augusto Pérez Alberti

Universidade de Santiago de Compostela

e-mail: xepalber@usc.es





A análise xeomorfolóxica vense empregando, dende antigo, como ferramenta de primeiroorde na reconstrucción paleoambiental. Sen embargo, o exceso de especialización e a perda da visión integrada, impide, en moitos casos, chegar a acadar o máximo aproveitamento. Como exemplo, quixeramos analisar polo miudo as posibilidades ca xeomorfoloxía aporta centrándonos, dun xeito esencial, na reconstrucción dos procesos de orixe frío. Partese da base de que o xeomorfólogo conta con dous parámetros básicos na súa investigación: as formas e os depósitos. Se, ademáis, pode levar a cabo datacións poderá situar os procesos non so no espacio senón tamén no tempo.

As formas, erosivas ou acumulativas, permiten coñecer a importancia da acción do frío. A análise comparativa entre as que se ollan na actualidade en áreas onde os procesos están activos e as que se atopan en medios antigos, facilita o coñecer, con relativa precisión, o seu papel. Así, a constatación da existencia de vales con forma característica, en u ou en cuna, fálanos da importancia do paso das linguas de xeo, como é ben sabido. Sen embargo a súa presencia non sempre se materializa de xeito craro. Pode suceder, e de feito sucede con relativa frecoencia, que existan vales de perfil en uve que estiveron afectados por procesos glaciares e doutros en u polos que xamais pasou un glaciar. Non é infrecuente tamén, e sucede en áreas graníticas por exemplo, cos glaciares se adapataran ás formas preglaciares dificultando na actualidade o seu recoñecemento. Sen embargo, a presencia ben de macro ou mesoformas —perfil transversal do val, hombreiras, umbrais rochosos, circos ou anfiteatros — , ben de microformas —rochas pulidas ou estriadas —permiten coñecer certos rasgos, parciais evidentemente, da potencia ou dinámica do xeo. A análise de formas de acumulación, caso de moreas, glaciares rochosos, ladeiras de bloques, bloques aradores, lóbulos de xelifluxión..., facilita a profundización no papel e extensión dos procesos. O posible escalonamento das formas, a súa orientación e altitude, introduce elementos de grande valor na reconstrucción dos procesos e, consecuentemente, das condicións paleoambientais.

Cando munha área coexisten formas e depósitos, as posibilidades son maiores. Ocorre, sen embargo, frecoentemente, cos procesos desenrolados durante a etapa postglaciar transformaron dun xeito radical moitos sectores dificultando a visibilidade dos procesos. Agora ben, a localización de afloramentos axuda a coñecer con moita maior profundidade a dinámica glaciar ou periglaciar, a cantidade de humidade, etc. Non sempre, sen embargo, é doado contar con cortes que faciliten a reconstrucción coa presencia de secuencias deposicionais amplas, tanto vertical como horizontalmente. Canto iso acontec,e a descripción das facies sedimentarias e as suas interrelacións permitirá coñecer a sua arquitectura e, por ende, reconstruir o medio sedimentario.

A análise dos afloramentos e a súa descripción seguindo códigos internacionalmente aceptados, supón un primeiro paso; a identificación dos diferentes tipos de facies glaciares, glaciolacustres, fluvioglaciares, periglaciares... así como as pegadas do xeo, ben de inxección, ben de segregación, pèrmitirá afondar na súa interpretación.

Por último hai que destacar o grande interés da ubicación espacial das formas e dos depósitos. A evidencia de repeticións de feitos, axuda a definir millor as condicións paleoambientais. Así, o feito de topar moreas fronto-laterais a unha determinada altitude, permite coñecer o límite da ELA nun intre dado. A evidencia de pegadas de permafrost —cuñas de xeo, circulos de pedras, ...- permitirá saber o límite da isoterma 0° . Gracias a iso, a interrelación dos datos pasado/presente permite a elaboración de mapas de paleotemperaturas para diferentes períodos do Cuaternario recente.

Na presente ponencia botarase man de exemplos de diferentes lugares do mundo nos que ou ben están activos os procesos ou ben funcionaron no pasado. Farase, sen embargo, especial fincapé no Noroeste da Península Ibérica.

regressar à página inicial

preïa